Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación mediante concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da seguinte obra:

Obxecto: rehabilitación das áreas peonís comerciais.

Orzamento: 12.142.858 pesetas.

Fianzas: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do tipo de adxudicación.

Prazo de execución: os traballos terán que estar rematados e certificados antes do 15 de novembro de 2001.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas durante o prazo de tres días naturais, contados a partir do último dos anuncios que se publiquen no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, das 9 ás 13 horas.

Vilanova de Arousa, 6 de agosto de 2001.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde