De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Quiromasajistas y Masajistas Deportivos de Vigo, que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: local.
Profesional: tódalas persoas maiores de idade que teñan diploma de masaxista, quiromasaxe, terapias manuais, masoterapia, etc., ou que se encontren traballando con masaxistas.
Asinan a acta de constitución Mª Luz Sanmartín Táboas e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 25 de xuño de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra