Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 10.990

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da construcción.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da construcción, nº de código 360435, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-5-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción, (APEC), e da parte social polas centrais sindicais CC.OO, UGT, e CIG, con data do 21-5-2001.

De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de maio de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da construcción 2001

Artigo 1º.-Partes signatarias.

a) Son partes asinantes deste convenio, dunha parte a Federación de Metal, Construcción e afíns de UGT (MCA-UGT) a Federación de Construcción, Madeira e afíns de CC.OO (FECOMA-CC.OO) como representación laboral e doutra parte, a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción, APEC, en representación empresarial.

b) Ámbalas dúas se recoñecen mutuamente lexitimación para negociar este convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 3 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, este convenio obrigará a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios no centro de traballo establecido ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen a calquera das actividades que figuran recollidas no Convenio xeral da construcción, coa excepción daquelas que teñan convenio propio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración dun ano, contado desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2001. Para evita-lo baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial ou a de calquera das súas prórrogas, continuará

rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º.-Procedemento de denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º do Estatuto dos traballadores, as partes asinantes fan constar expresamente que este convenio non precisa denuncia previa para inicia-la negociación do convenio que o substitúa.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións actuais existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das convidas serán respectadas.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, este convenio será nulo e quedará sen efecto ningún no suposto de que a xurisdicción competente modificase, anulase ou invalidase algún dos seus pactos e non aprobará a totalidade do seu contido, que debe ser un e indivisible na súa aplicación.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

1. Créase unha comisión paritaria composta por un máximo de 12 membros, que serán designados por metade por cada unha das partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

2. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse en todo caso por unanimidade e aqueles que interpreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

3. A comisión terá que reunirse alomenos unha vez ó trimestre e o seu funcionamento realizarase da forma que esta acorde.

Artigo 9º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria a que se refire o artigo anterior terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos deste convenio.

c) Por instancia dalgunha das partes mediar e/ou intentar conciliar, se é o caso, e logo de acordo das partes e por solicitude destas, arbitrar cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poden suscitarse na aplicación deste convenio.

d) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica deste convenio, ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

2. Como trámite que será previo e preceptivo a toda actuación administrativa ou xurisdiccional que se promova, as partes signatarias deste convenio están obrigadas a poñer en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, poidan presentarse en relación coa interpretación e aplicación deste, sempre que sexan da súa competencia conforme o esta

blecido no punto anterior, co fin de que, mediante a súa intervención, se resolva o problema presentado ou, se iso non fose posible, emita ditame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no seguinte punto cinco sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Sen prexuízo do pactado no punto 3 do artigo anterior, establécese que as cuestións propias da súa competencia que se promovan ante a comisión paritaria adoptarán a forma escrita e o seu contido será o suficiente para que poidan examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda que lle asisten ó propoñente.

c) Proposta ou petición concreta que se formule á comisión.

Ó escrito proposta xuntaranse cantos documentos se entendan necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá recadar, por vía de ampliación, canta información ou documentación coide pertinente para unha mellor ou máis completa información do asunto; para este efecto concederalle un prazo ó propoñente, que non poderá exceder de cinco días hábiles.

5. A comisión paritaria, unha vez recibido o escrito proposta ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a vinte días hábiles para resolve-la cuestión suscitada, ou se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen terse producida resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdiccional competente.

6. As partes asinantes asumen o contido do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos deste convenio, co alcance privisto no propio AGA.

Artigo 10º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizarlle ó interesado as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son adecuados á súa categoría profesional e posto de traballo que vaia desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional e antes da súa admisión na empresa, será sometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo achegar para iso a documentación necesaria e asinando nel.

Artigo 11º.-Recoñecementos médicos.

1. A empresa virá obrigada a realizar recoñecemento médico previo á admisión e recoñecementos médicos periódicos a tódolos traballadores ó seu servicio, alomenos unha vez ó ano.

2. En ámbolos dous casos o recoñecemento médico será adecuado ó posto de traballo de que se trate.

3. A comisión paritaria nacional de seguridade e hixiene estudiará no futuro a posibilidade de conveniencia de establece-los aspectos mínimos que deba comprender todo recoñemento médico.

Tamén estudiará a forma de evita-la repetición de recoñecementos médicos a un mesmo traballador nun mesmo ano, por cambio de empresa, unha vez que se implante a cartilla profesional.

4. Serán de cargo exclusivo da empresa os custos dos recoñecementos médicos e, nos xornais, os gastos de desprazamentos orixinados por eles.

Artigo 12º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Empregados.

Niveis III, IV e V: 3 meses.

Niveis VI ó X: 2 meses.

Resto do persoal: 15 días naturais.

c) Persoal operario:

Encargado e capataces: 1 mes.

Resto de persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debendo comunica-la desistencia por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise a desistencia, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de antigüidade.

4. Os titulares da cartilla profesional expedida pola Fundación Laboral da Construcción, con contrato fixo de obra ou outra modalidade de contrato temporal, estarán exentos do período de proba para os traballos da súa categoría profesional, sempre que conste na cartilla profesional ter acreditado o seu cumprimento en calquera expresa anterior.

Artigo 13º.-Contratación.

O ingreso ó traballo poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores, disposicións complementarias e no convenio xeral do sector.

O contrato de traballo será subscrito entre a empresa e o traballador por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos 15 días seguintes ó da súa incorporación, de acordo con calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo, que necesariamente deberá ser inscrito na oficina de emprego.

Artigo 14º.-Contrato de fixo de cadro de persoal.

Este contrato é o que concertan un empresario e un traballador para a súa prestación laboral na empresa por tempo indefinido. Esta será a modalidade normal de contratación que van realiza-los empresarios e traballadores en tódolos centros de traballo de carácter permanente.

Artigo 15º.-Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos.

Primeiro: con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra faga innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballadores do seu oficio deberá comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade corrrespondente ós días de aviso previo emitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Segundo: non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que corrrespondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período de tres anos fixados no parágrafo anterior. Cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal; en canto ó aviso previo de cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

Terceiro: se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro, ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación da obra e o cesamento previstos no suposto primeiro. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria disporá, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un

emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se convirta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado para o suposto segundo.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 16º.-Contratos de duración determinada.

Cando o contrato de duración determinada previsto no punto 1º b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, neste suposto, a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a 12 meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. O período de 18 meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

Artigo 17º.-Indemnización para outras modalidades de contratación.

Os traballadores que formalicen outros tipos de contratos independentes do contrato para traballo fixo de obra terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización por conclusión do 7% se a duración fose igual ou inferior a 365 días, e do 4,5% se a duración fose superior ós 365 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, devengada durante a vixencia do contrato.

Artigo 18º.-Contrato para a formación.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio coma o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica-la oportunidade de que a formación teórica e práctica correspondente ós contratos para a formación se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o satisfactorio desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

Serán obxecto deste tipo de contratos os oficios incluídos nos niveis VIII e IX deste convenio.

3. Este tipo de contrato rexerase polas seguintes regras:

3.1. Poderase celebrar con traballadores que teñan cumpridos 16 anos e menores de 21 anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de aprendizaxe ou aprobado algún curso de formación pro

fesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

3.2. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderase prorrogar antes do seu termo por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo do vencemento de contrato deberá axustarse ós prazos e forma que se indica no artigo 15.1º 3. deste convenio.

A situación de incapacidade temporal do traballador en formación inferior a seis meses comportará a ampliación ou duración do contrato por igual tempo ó que o contrato estivese suspendido.

3.3. O tipo de traballo que debe presta-lo traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado, incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

3.4. Tempo de formación teórica.

a) O tempo dedicado a formación teórica deberase alternar co traballo efectivo e será un 15% da xornada máxima do convenio: 6 horas semanais. Poderase proceder á acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino.

b) A formación deberase impartir en centros de formación públicos ou privados perfectamente acreditados e homologados.

Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou a máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

A formación teórica será financiada con cargo ó Acordo Tripartito de Formación Continua.

3.5. A retribución será a seguinte:

-De 16 a 17 anos: 81.400 pesetas.

-De 18 a 21 anos: 99.814 pesetas.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% do traballo efectivo.

O complemento extrasalarial devengarase en igual contía có sinalado para o nivel XIII reflectido nas táboas salariais.

3.6. Se vencido o contrato o traballador non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto do contrato de formación e aproveitamento, que, ó seu xuízo, obtivo o traballador na súa formación práctica.

3.7. O traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento segundo o establecido no artigo 17º deste convenio.

3.8. A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 19º.-Empresas de traballo temporal.

1. As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós seus traballadores en aplicación deste convenio colectivo ou pacto de empresa. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta a disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada por este convenio.

2. Non se poderán contrata-los servicios das empresas de traballo temporal para a realización das tarefas habituais. Só se poderán utilizar para o caso de cubrir incapacidades temporais ou situacións extraordinarias.

Artigo 20º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida no punto 2.b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998 os contratos de duración temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida, suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 21º.-Subcontratación.

As empresas que subcontraten con outras do sector a execución de obras ou servicios, responderán ante os traballadores das empresas subcontratistas nos termos establecidos no artigo 42 do Estatuto dos traballadores, quedando referido o límite de responsabilidade da dita disposición ás obrigas de natureza salarial e cotizacións á Seguridade Social derivados do convenio colectivo aplicable ó nace-la dita responsabilidade, ou ás derivadas do seu contrato de traballo se fosen superiores.

Así mesmo, estenderase a responsabilidade á indemnización de natureza non salarial por morte, incapacidade permanente total ou incapacidade permanente absoluta derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional pactada no convenio aplicable.

A empresa principal deberá establecer baixo a súa responsabilidade, nos centros de traballo en que presten servicio os traballadores de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación adecuados segundo a prevención de riscos, información sobre estes e, en xeral, canto se relaciona coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarias.

Artigo 22º.-Garantías sobre as condicións de traballo.

Co obxecto de que o traballador coñeza os datos relativos á súa afiliación e cotización ó réxime xeral

da Seguridade Social, como obriga establécense as seguintes garantías:

a) A empresa contratante facilitará copia do parte de alta na Seguridade Social a cada traballador dentro dos oito días do seu ingreso.

b) As empresas terán obriga de publicar no taboleiro de anuncios os modelos TC-1 e TC-2 correspondentes ó último mes en que se fixese efectiva a liquidación.

Así mesmo, terá que publicarse copia de recibo de estar ó corrente no pagamento da cota á entidade aseguradora daquelas pólizas que se concertasen a favor dos traballadores ou os seus habentes causa.

Artigo 23º.-Taboleiro de anuncios.

En tódolos centros de traballo será obrigatoria a existencia de taboleiros de anuncios para fixar comunicacións e información sindical.

Artigo 24º.-Inasistencias inxustificadas.

As empresas poderán descontarlles ós productores que falten ó traballo sen causa xustificada o importe da cota empresarial á Seguridade Social.

Artigo 25º.-Actividade normal.

É a que mediante un esforzo constante e razoable debe desenvolve-lo traballador adestrado no seu traballo e consciente da súa obriga e da que obteña un rendemento normal sen remuneración con incentivo.

Artigo 26º.-Productividade no traballo.

As retribucións pactadas neste convenio establecéronse sobre a base e como contraprestación dunha productividade normal e correcta no traballo.

Artigo 27º.-Cartilla profesional.

A Fundación Laboral da Construcción expedirá a cartilla profesional, quedando exentos os traballadores que dispoñan dela no período de proba para os traballos de categoría profesional.

Artigo 28º.-Ascensos: procedemento.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a postos de traballo que impliquen un mando ou especial confianza serán de libre designación e revogación polas empresas.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñada función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

Artigo 29º.-Incremento económico.

Para o ano 2001 aplicarase un incremento do 3% sobre os conceptos de salarios e complementos salariais e extrasalariais.

Os salarios son os que para cada categoría profesional se fixan na táboa anexa I.

Artigo 30º.-Cláusula de garantía salarial.

No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo o 31 de decembro de 2001 supere o 2,25%, efectuarase unha revisión económica para efectos de que sirva de base para as táboas salariais do ano seguinte, afectando ós conceptos económicos: salario, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complemento extrasalarial.

Artigo 31º.-Complemento extrasalarial.

1. Co fin de compensa-los gastos que teñen os traballadores para acudir ós seus postos de traballo, tendo en conta a súa mobilidade, establécese un complemento extrasalarial por día efectivo de traballo de ... pesetas para os niveis do II ó XII e de ... pesetas para o nivel XIII.

2. Aínda que se aboe por día traballado, establécese para efectos prácticos o seu cómputo anual dividido en once mensualidades, de tal xeito que a cantidade percibida por este concepto en cada mes totalmente traballado sexa de ... pesetas para os niveis de II ó XII e de ... pesetas para o nivel XIII.

3. Os complementos extrasalariais sumados deberán quedar comprendidos durante 2001 entre o 5% e o 7% do total anual das táboas do convenio para cada categoría ou nivel retributivo.

Artigo 32º.-Locomoción.

1. Serán por conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia do desprazamento ata o centro de traballo nos casos en que se recollen nos puntos seguintes, xa sexa pondo medios propios á disposición do traballador, xa aboándolle a compensación correspondente.

2. No caso de que o traballador, para o desprazamento teña que usar medios alleos ós da empresa, esta aboaralle 26 pesetas por cada quilómetro percorrido no desprazamento, tendo en conta as seguintes consideracións:

a) No caso de traballadores fixos, entenderase como desprazamento o percorrido entre o domicilio da empresa e o centro de traballo en que estea prestando os seus servicios en cada momento.

b) No caso dos traballadores con contrato que non sexa de fixo de cadro de persoal, o desprazamento será o percorrido entre o centro de traballo para o que fose contratado inicialmente e aquel no que se estea realizando a súa actividade en cada momento.

3. O devengo das cantidades polo concepto de locomoción suxeitarase ás seguintes normas:

a) Só darán dereito a estas percepcións aqueles desprazamentos que supoñan percorridos superiores ós 10 km.

b) En caso de que proceda o aboamento de cantidades por este concepto, só serán aboables os quilómetros que excedan dos 5 primeiros de percorrido.

c) Non procederá o aboamento da quilometraxe por locomoción cando o centro de traballo en que estean prestando os servicios se atope a unha distancia do domicilio do traballador que sexa inferior a 10 km.

d) Soamente darán dereito a estes aboamentos dous desprazamentos diarios.

4. Cando o persoal desprazado que poida volver pernoitar na súa residencia habitual tivese que empregar, como consecuencia do desprazamento, máis dunha hora en cada unha das viaxes de ida e volta ó lugar de traballo desde o centro de traballo correspondente, utilizando medios ordinarios de transporte, o exceso aboaráselle a pro rata do salario do convenio.

Artigo 33º.-Pagamento do salario.

1. Tódalas percepcións, excepto o vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos, a contía dos cales non será superior ó 90% das cantidades devengadas.

2. As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte á finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase sempre despois do horario de traballo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

3. O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de simple permanencia no centro de traballo e, por tanto, non retribuído para ningún efecto.

4. As empresas quedarán facultadas para pagar retribucións e anticipos a conta deles, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través da entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose de cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

5. O traballador deberá facilitarlle á empresa, ó tempo do seu ingreso ou incorporación a esta, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

Artigo 34º.-Absorción e compensación.

Haberá que aterse ó previsto no artigo 58 do Convenio xeral do sector.

Artigo 35º.-Antigüidade consolidada.

Para efectos de consolidadción que se establece no artigo 5º, letra a) (BOE do 21 de novembro de 1996) do Acordo sectorial da Construcción, os traballadores manterán e consolidarán os importes a que tivesen dereito con data do 21 de novembro de 1996 (táboa anexa II).

Artigo 36º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres duren as causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

3. A contía das pagas extraordinarias de xuño e decembro será igual a unha mensualidade da táboa de salarios deste convenio máis a antigüidade, se é o caso.

Artigo 37º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas comprométense a facilitarlles ós traballadores as ferramentas de man necesarias para a realización do seu traballo.

Se o traballador observa demora na súa entrega reclamaraas.

O tempo de espera para a recepción das ferramentas reclamadas será considerado como tempo efectivo de traballo.

O traballador que, de acordo co empresario, achegue ferramentas da súa propiedade, terá dereito a percibir, en concepto de desgaste delas, a suma de 90 pesetas por cada día de traballo efectivo.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

A empresa deberá entregarlle ó persoal a roupa de traballo adecuada á súa actividade, consistente nunha chaqueta curta e un pantalón ou funda. Poderán figurar letreiros nun peto na súa parte dianteira e calzado adecuado á actividade que vaia desenvolver en cada momento cada seis meses.

Os traballadores devolverán as pezas de roupa vellas ó causaren baixa na empresa. De non facelo, a empresa poderá desconta-lo 50% do importe correspondente ó equipo da súa última entrega.

A empresa quedará obrigada a lles facilitar a tódolos traballadores contratados as ditas pezas desde o momento da súa contratación.

Por cada xogo non entregado no prazo sinalado o traballador poderá reclamarlle á empresa a cantidade de 4.460 pesetas.

Entregaranse tamén aqueles elementos que esixe a lexislación vixente.

Artigo 39º.-Horas extraordinarias.

1. As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes excepto as que teñan a súa causa en forza maior.

2. Consideraranse horas extraordinarias estructurais as motivadas por pedidos ou puntas de produccción, ausencias imprevistas, cambio de quenda e perda ou deterioración da producción ou por calquera circunstancia de carácter estructural que altere o proceso normal de producción.

3. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, agás nos supostos de forza maior, non excederá de dous ó día, vinte ó mes e 80 ó ano.

Artigo 40º.-Retribución das horas extraordinarias.

1. A retribución das horas extraordinarias determinarase seguindo os seguintes criterios:

a) As realizadas en día laborable sufrirán un incremento do 75% sobre o valor da hora ordinaria.

b) As realizadas en días non laborables sufrirán un incremento do 100% sobre o valor da hora ordinaria.

O valor da hora ordinaria (VHO) calcularase coa seguinte fórmula:

SB= salario base.

GE= gratificacións extraordinarias.

AC= antigüidade consolidada.

CS= complementos salariais anuais (se é o caso).

VHO=(Sb+Ac)xl4xCs

1.760

2. Sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderase optar entre aboa-las horas extraordinarias, conforme o previsto no punto 1 deste artigo, ou compensalas con tempo de descanso retribuído. Se se exercese esta última opción, por cada hora extraordinaria realizada nun día laborable haberá que compensa-lo traballador cunha hora e corenta e cinco minutos de descanso retribuído; se a hora extraordinaria se realiza en día non laborable, a compensación regulamentaria será de dúas horas.

3. No caso de que o traballador teña horas de descanso acumuladas, o seu desfrute será sempre pactado entre o empresario e o traballador.

4. No suposto de que se realizase a opción do punto 2, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para estas no punto 2º do artigo 68 do convenio xeral.

Artigo 41º.-Indemnizacións.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade para tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixente en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional: ano 2001: 6.000.000 de pesetas.

c) En caso de incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 2.000.000 de pesetas.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselles á viúva ou beneficiarios do traballador segundo as normas da Seguridade Social.

Estas indemnizacións terán vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

Artigo 42º.-Complemento de prestación de incapacidade temporal.

1. As empresas complementarán a prestación económica por incapacidade temporal ata o 100% da base de cotización do traballador nos seguintes casos e durante o tempo que se indica por cada un.

a) IT derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional desde o primeiro día e ata a alta médica.

b) IT derivada de accidente non laboral ou enfermidade común:

-Con hospitalización: desde o primeiro día cun máximo de catro meses.

2. Entenderase por hospitalización para os efectos deste artigo a permanencia en centro hospitalario durante un mínimo de 5 días ininterrompidos.

Artigo 43º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste convenio será de 1.756 horas segundo o calendario laboral anexo (anexo III).

2. A xornada ordinaria semanal será de 40 horas de traballo efectivo, de luns a venres, durante toda a vixencia deste convenio.

3. Os traballadores teñen dereito a un paro de 15 minutos durante a mañá para toma-lo bocadillo, segundo as necesidades do servicio.

4. Tendo en conta as condicións climatolóxicas e as necesidades das distintas actividades do sector, poderíase pactar nas empresas a distribución variable da xornada máxima anual, sen que en ningún caso se poidan superar nove horas diarias nin as corenta horas semanais de traballo efectivo.

5. Para adapta-la xornada ás 1.756 horas acordadas para o ano 2001, os días 30 de abril, 17 e 18 de maio, 4 horas do 24 de xullo, 17 de agosto, 2 de novembro, 7, 24 e 31 de decembro, terán a consideración de festivos e non laborables para tódolos efectos.

6. Ademais dos días sinalados anteriormentes, nos seguintes concellos, por coincidi-lo festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos:

Nos concellos que a continuación se relacionan fíxanse como festivos os días seguintes:

Cuntis, 16 de agosto.

Marín, 10 de setembro.

Mondariz-Balneario, 12 de febreiro.

Vilaboa, 22 de xaneiro.

7. En cada centro de traballo a empresa exporá en lugar visible o calendario pactado a nivel convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 44º.-Prolongación da xornada.

O traballo dos operarios con funcións de mantemento e reparación de instalacións ou maquinaria, necesarias para a reiniciación ou continuidade do proceso productivo, así como o persoal que poña en marcha ou peche o traballo dos demais, poderá prolongarse polo tempo necesario, sen que o exceso sobre a xornada ordinaria se compute como horas extraordinarias, debendo aboarse, como mínimo, a pro rata do valor da hora extraordinaria de traballo.

Artigo 45º.-Vacacións.

1. O persoal afectado por este convenio, sexa cal sexa a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións retribuídas de trinta días naturais de duración, dos cales alomenos 21 serán laborables, iniciándose, en calquera caso, o seu desfrute en día laborable.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa, aínda que as vacacións devengadas correspondan ó ano natural anterior.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

5. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a súa duración computarase como días de vacacións sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

Se a incapacidade temporal se producise despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a desfrutar das vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producirse a alta da incapacidade temporal.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

6. O desfrute das vacacións como norma xeral e salvo pacto en contrario terá carácter ininterrompido.

7. A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial.

Artigo 46º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso de alomenos corenta e oito horas, salvo acreditada urxencia e xustificación posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se atopan vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Cinco días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) Cinco días naturais por falecemento do cónxuxe.

d) Tres días naturais por falecemento de fillos, pais ou avós dun ou outro cónxuxe.

e) Un día por matrimonio de fillos.

f) Dous días naturais por falecemento de netos ou irmáns dun ou outro cónxuxe; nestes casos e nos do punto d) e e), cando o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo podería ampliarse a 5 días.

g) Tres días naturais por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

h) Dous días por traslado de domicilio habitual.

i) Polo tempo necesario para concorrer a exames como consecuencia dos estudios que estea realizando en centros de ensino, universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privado, recoñecidos.

j) Consulta ó médico.

-Médico especialista: polo tempo necesario, cun máximo de cinco horas ó día.

-Médico de cabeceira: ata un máximo de catro saídas anuais, sen que as ausencias poidan supera-las 16 horas ó ano.

k) Os traballadores afectados por este convenio terán dereito a dispor dun día anual non retribuído. Para dispor do dito día deberá ser solicitado por escrito á empresa con alomenos cinco días de antelación. A empresa terá a obriga de concede-lo dito día calquera que sexa a causa alegada para a súa petición.

As licencias ás que se refiren os puntos c) e g) deste artigo aplicaranse cos mesmos efectos naqueles casos nos que, mesmo non existindo unión matrimonial, se manteña unha relación análoga, sempre que se acredite unha efectiva convivencia de parella.

Artigo 47º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais correspondentes á convocatoria para a Forcem 2001, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada por razóns técnicas, organizativas ou de producción; en caso de denegación o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da Fundación Laboral de Construcción.

b) Os traballadores que poidan asistir ás accións formativas recollidas neste artigo non superarán anualmente o 10% do cadro de persoal, nin naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas por conta da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas por conta da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador terá que acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 48º.-Axudas de custo por desprazamento.

1. A axuda de custo é un concepto extrasalarial de natureza indemnizatoria ou compensatoria e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de mantenza ou aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

2. O traballador percibirá axuda de custo completa cando, como consecuencia do desprazamento, non poida pernoitar na súa residencia habitual. Devengarase sempre por día natural.

3. Cando o empresario organice e custee a mantenza e o aloxamento do persoal desprazado, sempre que reúna as condicións esixibles e suficientes, soamente satisfará o 20% da axuda de custo completa.

4. Devengarase media axuda de custo cando, como consecuencia do desprazamento, o traballador afectado teña necesidade de realiza-la comida fóra da súa residencia habitual, non lle fose subministrada pola empresa e poida pernoitar na citada residencia. A media axuda de custo devengarase por día efectivo traballado.

5. As axudas de custo ou medias axudas de custo percibiranse sempre con independencia da retribución do traballador e nas mesmas datas que esta; pero nos desprazamentos de máis dunha semana de duración, aquel poderá solicitar anticipos quicenais a conta e para xustificar sobre as mencionadas axudas de custo.

6. A axuda de custo completa non se devengará nos casos de suspensión legal do contrato de traballo, agás nos casos de incapacidade temporal, nos que a empresa manteña o desprazamento.

A contía das axudas de custo será a seguinte:

Axuda de custo completa: 3.646 pesetas.

Media axuda de custo: 1.287 pesetas.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo de coñecemento dela e posterior xustificación do traballador.

Artigo 49º.-Liquidacións.

O recibo de liquidación da relación laboral entre empresa e traballador deberá ser conforme o modelo que figura como anexo número IV deste convenio.

Toda comunicación de cesamento ou aviso previo de cesamento deberá ir xunto cunha proposta de liquidación no modelo citado. Cando se utilice como proposta non será preciso cubri-la parte que figura despois da data e lugar.

O recibo de liquidación, que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra (APEC), terá validez unicamente dentro dos quince días naturais seguintes ó da data en que foi expedido.

A sinatura da liquidación non terá carácter liberatorio ata transcorrido un mes desde que se asine este. Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

O traballador poderá ser asistido por un representante dos traballadores no acto da sinatura do recibo de liquidación.

Artigo 50º.-Xubilación.

Recoñécense tres clases distintas de xubilación.

A) Xubilación anticipada.

1. Os traballadores que cumprisen sesenta e tres anos e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continuación, en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa.

Antigüidade naIdadeMeses

empresaindemnización

2 a 5 2

6 a 103

11 a 20 634

21 a 305

Máis de 30 6

2 a 51

6 a 102

11 a 20 643

21 a 304

Máis de 305

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre empresa e traballador xubilable. O acordo reflectirá por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicio ininterrompido na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en cada caso, segundo a táboa anterior, comprometerá o empresario a dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que lle faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos; a contratación do traballador substituto deberá facerse de acordo cunha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e, pola súa vez, cos seguintes condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo de cadro de persoal dispoñible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral para cubri-la vacante producida. O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá ser comunicado de inmediato, se é o caso, ós repre

sentantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituto farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituto poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

B) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Haberá que aterse ó disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

C) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren os puntos inmediatamente precedentes, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, agás pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Artigo 51º.-Dereitos sindicais.

1. As empresas considerarán os sindicatos debidamente implantados nos cadros de persoal como elementos básicos e consubstanciais para afrontar, a través deles, as necesarias relacións entre traballadores e empresarios.

2. As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente, e non poderá suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

3. A empresa non poderá despedir a un traballador nin prexudicalo de calquera outra forma por mor da súa afiliación ou actividade sindical.

4. As empresas recoñecen o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a realizar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo sen perturba-la actividade normal. Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que se dispoña de suficiente e apreciable afiliación, co fin de que esta sexa distribuída fóra das horas de traballo e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica poida interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

5. As empresas, nos centros de traballo con máis de 100 traballadores, recoñecerán ás centrais sindicais ou sindicatos que posúan neles, unha afiliación superior ó 15% do cadro de persoal, un delegado sindical.

6. A central ou sindicato que pretenda tal recoñecemento debe acreditar ante a empresa de modo fidedigno o nivel de afiliación requirido. Acto seguido, a empresa recoñecerá ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.

7. O delegado sindical deberá ser traballador en activo das respectivas empresas e designado de acordo cos estatutos da central ou sindicato a quen represente.

Serán preferentemente membros do comité de empresa.

8. O delegado sindical ten as seguintes funcións:

a) Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representa e dos afiliados a este na empresa, e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección das respectivas empresas.

b) Asistir ás reunións do comité de empresa, comités de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación con e sen voto, e sempre que tales órganos admitan previamente a súa presencia.

c) Terán acceso á mesma información e documentación da empresa que esta debe pór á disposición do comité de empresa de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda.

d) Serán oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afectan ós traballadores en xeral e ós afiliados ó sindicato.

9. Serán, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo.

a) Respecto dos despedimentos e sancións que afecten ós traballadores afiliados ó sindicato.

b) En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores, cando revista carácter colectivo ou do centro de traballo en xeral e sobre proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente ós intereses dos traballadores.

c) A implantación ou revisión do sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

10. Poderán recadar cotas dos seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con eles, todo iso fóra das horas efectivas de traballo.

11. Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que puidesen interesarlles ós respectivos afiliados ó sindicato e ós traballadores en xeral, a empresa porá á disposición do sindicato, a representación do cal teña o delegado, un taboleiro de anuncios que deberá establecerse dentro da empresa e en lugar onde se garanta na medida do posible un adecuado acceso a este para tódolos traballadores.

12. En materia de reunións, ámbalas dúas partes, en canto ó procedemento se refire, axustarán a súa conducta á normativa legal vixente.

O delegado sindical posuirá as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e os convenios colectivos ós membros do comité de empresa.

En tódolos centros en que iso sexa materialmente factible, a dirección da empresa facilitará a utilización dun local co fin de que o delegado representante do sindicato exerza as funcións e tarefas que como tal lle correspondan.

Os delegados cinguirán as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lles son propias.

13. Naqueles centros que posúan un cadro de persoal superior a 250 traballadores, a dirección da empresa facilitará a utilización dun local, co fin de que o delegado representante do sindicato exerza as súas funcións e tarefas que como tal lle correspondan.

Artigo 52º.-Garantías.

a) Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou dimisión, sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por suposta falta grave ou moi grave obedecese a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal ou o delegado do sindicato ó que pertenza no suposto de que estivese recoñecido como tal na empresa.

Posuirá prioridades de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores no supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

b) Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón de desempeño da súa representación.

c) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias relativas á súa representación, podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

d) Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina. Os delegados sindicais, de acordo co sindicato ó que pertenzan, terán dereito á acumulación de horas retribuídas para o exercicio das súas funcións nun ou varios deles sen supera-lo máximo total de horas legalmente establecidas.

e) Sen supera-lo máximo legal poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité ou delegados de persoal, co fin de preve-la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación e outras entidades.

f) Os comités de empresa e representantes dos traballadores serán informados sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización de traballo e calquera das súas posibles consecuencias, estudios de tempos, establecementos de sistemas e primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

g) En todo o non regulado expresamente neste convenio en materia de dereitos e garantías sindicais haberá que aterse ó disposto no estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 53º.-Prácticas antisindicais.

En canto ós supostos de prácticas que a xuízo dalgunha das partes caiba cualificar de antisindicais haberá que aterse ó disposto nas leis.

Artigo 54º.-Seguridade e saúde no traballo.

As partes signatarias acordan constituí-la comisión paritaria sectorial de seguridade e hixiene, integrada por seis representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), dous representantes MCA-UGT, dous representantes de FECOMA-CC.OO e dous representantes de FCM-CIG.

Serán funcións desta comisión:

-Recadar do Ministerio de Traballo e do Goberno autónomo o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de plans e medidas formativas.

-Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistrabilidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais, ou, no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

-Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo fundamental estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando campañas de mentalización, etc.

-Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia adecuada.

-Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

-Elabora-las normas que nesta materia deberán substituí-lo disposto na derrogada ordenanza laboral do 28 de agosto de 1970.

Esta comisión reunirase unha vez cada tres meses, por proposta de calquera das partes e citarase un representante da Administración laboral.

Dado que o sector da construcción se dotou dun instrumento paritario (a FLC) para dar servicios a empresas e traballadores, e entre outros en materia de prevención e saúde laboral, as partes asinantes acordan que a FLC desenvolva os plans e accións necesarios para promove-lo cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 55º.-Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

2. Os delegados de prevención serán designados por e entre os representantes do persoal, no ámbito dos órganos de representación previstos nas normas a que se refire o artigo anterior, de acordo coa seguinte escala:

De 50 a 100 traballadores: 2 delegados de prevención.

De 101 a 500 traballadores: 3 delegados de prevención.

De 501 a 1.000 traballadores: 4 delegados de prevención.

De 1.001 a 2.000 traballadores: 5 delegados de prevención.

De 2.001 a 3.000 traballadores: 6 delegados de prevención.

De 3.001 a 4.000 traballadores: 7 delegados de prevención.

De 4.001 en diante: 8 delegados de prevención.

Nas empresas de ata trinta traballadores o delegado de prevención será o delegado de persoal. Nas empresas de trinta e un a corenta e nove traballadores haberá un delegado de prevención que será elixido por e entre os delegados de persoal.

3. Para efectos de determina-lo número de delegados de prevención teranse en conta os seguintes criterios:

a) Os traballadores vinculados por contratos de duración determinada superior a un ano computaranse como traballadores fixos de cadro de persoal.

b) Os contratados por termo de ata un ano computaranse segundo o número de días traballados no período dun ano anterior á designación. Cada douscentos días traballados ou fracción computaranse como un traballador máis.

4. Creación dun órgano específico de carácter paritario dentro da FLC, segundo o previsto no artigo 35.4º, parágrafo 2º, da Lei de prevención de riscos laborais, para todas aquelas empresas onde non existan delegados de prevención.

Artigo 56º.-Comisión paritaria provincial de FP.

As partes signatarias acordan constituí-la comisión paritaria sectorial de formación profesional integrada por seis representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), dous representantes de MCA-UGT, dous representantes de FECOMA-CC.OO e dous representantes de FCM-CIG.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións públicas e dos organismos comunitarios competentes o recoñecemento oficial desta comisión como interlocutor social sectorial que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector da construcción e que colabore no desenvolvemento, tanto dos que xa estean en marcha como dos que poidan iniciarse en diante.

-Elabora-los estudios pertinentes de necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional como regrada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos administrativos e manuais coas equivalentes na Unión Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Elaborar un plan ó finalizar cada ciclo formativo dos cursos impartidos pola Fundación Laboral da Construcción, coa finalidade de ir incorporando pau-

latinamente ás empresas aqueles alumnos que finalizan o curso con aproveitamento.

-Cantas outras funcións a propia comisión acorde atribuírse encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector en tódolos ámbitos territoriais.

Artigo 57º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos deste convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Disposición derradeira

No non disposto neste convenio colectivo haberá que aterse ó establecido no convenio xeral do sector, publicado no BOE do 4 de xuño de 1998 e demais normas de xeral aplicación.

Disposicións adicionais

Primeira.-Este convenio colectivo será redactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicado na mesma forma no BOP.

Segunda.-Os traballadores teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral profesional en lingua galega recoñecendo a empresa, deste xeito, a oficialidade da dita lingua e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos na lei.

No seo da empresa, a dirección e os representantes dos traballadores fomentarán o uso da lingua galega.

ANEXO

Sobre seguridade e saúde no traballo

Preámbulo.

De conformidade co disposto na disposición derradeira primeira do Convenio xeral do sector da construcción, asinado con data do 21 de outubro de 1997, por FECOMA-CC.OO e subscrito por FEMCA-UGT, o día 28 de xaneiro de 1998, a FLC definiu as liñas dun plan de actuación para promove-la aplicación da Lei de prevención de riscos laborais no sector.

Para os efectos de dar pleno consentimento ó previsto na dita disposición derradeira, faise necesario traslada-lo dito plan de actuación ó correspondente anexo para a súa incorporación ó convenio.

Segundo a citada disposición derradeira primeira, desde a FLC desenvolveranse os plans e accións necesarios para a prevención de riscos laborais no sector, nos termos que se concretan neste anexo.

1. Principios xerais.

Con respecto ás actividades formativas e informativas ou de calquera outro tipo que vaia realiza-la FLC, en relación co mellor cumprimento da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e os regulamentos que a desenvolven, as ditas actuacións nunca eximirán o empresario e o traballador da súa responsabilidade do cumrprimento das súas obrigas nos termos que fixa a lei.

Os medios, procedementos, materiais e accións que se empreguen e desenvolvan na FLC en seguridade e saúde laboral dedicaranse a difundir, coordinar e colaborar en métodos e procesos que faciliten o mellor e maior cumprimento da lei e os seus regulamentos polos empresarios e traballadores do sector.

As accións e actuacións que se vaian realizar en relación cos contidos da Lei 31/1995 no sector da construcción teñen que ser análogas, homoxéneas e coordinadas en todo o territorio nacional. Á FLC correspóndelle se-lo fío conductor dos principios e directrices que vaian desenvolver para que, de xeito equivalente, se establezan os mesmos niveis de aplicación e cumprimento en cada un dos consellos territoriais.

Dadas as condicións en que se atopa o sector polas súas específicas características, a FLC débese dotar dos instrumentos adecuados para que, cumprindo os contidos da lei, se consiga a diminución continua dos índices de sinistralidade.

As accións que se van elaborar estarán dirixidas prioritariamente ó empresario, por se-la figura fundamental na implantación do sistema preventivo e na formación e información dos traballadores.

2. Información.

2.1. Información sectorial.

A accidentalidade no sector da construcción, que é motivo dunha constante preocupación de tódalas partes, fai necesario que por parte da FLC se desenvolva unha actividade de información nos termos seguintes:

a) Necesidade do cumprimento das normas en materia de prevención e seguridade.

b) A información debe incidir en que os traballos nalgunhas actividades da construcción son de alto risco.

c) Elaboración dun programa de estatísticas para o sector; considérase fundamental proporcionarlle ó sector en tempo real os datos de accidentabilidade e poder determina-las accións que se vaian aplicar.

d) Información periódica das actividades da FLC, control de resultados parciais e grao de cumprimento dos obxectivos.

e) Á vista das anteriores campañas de información será realizado un estudio por expertos respecto da estratexia que se vai empregar para fomentar unha comunicación efectiva; en función deste traballo, levaranse a cabo o deseño e a realización de plans e métodos de información que garantan a captación e asimilación das mensaxes, así como a evolución e o control dos resultados.

2.2. Primeiro ciclo de aula permanente da FLC.

Considérase como método máis idóneo para a imparticións de accións en materia de información sobre prevención de riscos laborais o do primeiro ciclo de aula permanente da FLC.

Os métodos e contidos das materias impartidas nas aulas permanentes deberán ser similares e homoxéneos, os obxectivos análogos e os resultados equivalentes, en tódolos consellos territoriais da FLC.

O primeiro ciclo de aula permanente constará de dous tipos de accións en materia de información sobre prevención de riscos en construcción: as primeiras comprenderán información xeral sobre os riscos do sector e conterán os principios básicos e conceptos xerais sobre a materia; igualmente, deberán conseguir unha actitude de interese pola seguridade que incentive o alumnado para inicia-los cursos de segundo ciclo; as segundas deberán transmitir coñecementos e normas específicas.

A información xeral básica impartida na aula permanente non exime o empresario da súa obriga de informa-lo traballador dos riscos específicos no centro e no posto de traballo.

2.3. Aulas móbiles.

Considérase que un procedemento eficaz para informar nas propias obras sobre as materias de prevención de risco consiste en dispor de aulas móbiles nas que estarían incorporados tódolos materiais, equipos audiovisuais e demais elementos didácticos.

3. Formación.

A FLC debe homoxeneizar en todo o territorio nacional os plans e contidos da formación que imparta en materia de prevención, seguridade e saúde laboral.

Excepcionalmente, no caso de situacións de obras e centros con características específicas, logo de consulta, coordinación e colaboración da FLC estatal, poderanse elaborar actividades e contidos complementarios para a formación nesa materia.

3.1. Segundo ciclo aula permanente da FLC

3.1.2. Con carácter inicialmente enunciativo, pero non limitativo, recóllense a continuación aqueles cursos que, sendo voluntarios para as empresas, serán impartidos pola FLC.

Os contidos por categoría que se van impartir serán os seguintes:

a) Xerentes de empresas.

1. Integración da prevención na xestión da empresa.

2. Responsabilidades e obrigas.

3. Organización e planificación.

4. Custos da accidentalidade e rendibilidade da prevención.

5. Lexislación e normativa básica en prevención.

Duración mínima do módulo: 10 horas.

b) Responsables de obra e técnicos de execución.

1. Prevención de riscos. Os cinco bloques de riscos en obras.

2. Técnicas preventivas.

3. Estudios e plans de seguridade. Calendarios e fases de actuacións preventivas.

4. Órganos e figuras participativas.

5. Dereitos e obrigas dos traballadores.

6. Lexislación e normativa básica de prevención.

Duración mínima do módulo: 15 horas.

c) Mandos intermedios.

1. A integración da prevención na producción. O risco no posto de traballo: a súa avaliación e tratamento.

2. Os cinco bloques de riscos. Ordes de traballo.

3. Modalidades de accidentes. Técnicas preventivas.

4. Plan de seguridade. Memoria básica de prevención.

5. Zonas de riscos graves e con perigosidade específica.

6. Coordinación das subcontratas.

7. Primeiros auxilios e plans de emerxencia.

8. Órganos e figuras participativas.

Duración do módulo: 15 a 20 horas.

d) Delegados de prevención.

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

2. Riscos xerais e específicos en obra: a súa prevención.

3. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais.

4. Primeiros auxilios e plans de emerxencia.

Duración do módulo: 50 horas.

e) Nivel específico por oficios.

1. Técnicas preventivas de oficio e función.

2. Medios, equipos e ferramentas.

3. Interferencias en actividades.

4. Dereitos e obrigas.

Duración do módulo: 20 horas.

f) Nivel básico xeral.

1. Conceptos básicos sobre a organización elemental da prevención.

2. Técnicas preventivas elementais sobre riscos xenéricos e prevención deles na execución das obras de construcción.

3. Primeiros auxilios e plans de emerxencia.

Duración do módulo: 10 horas.

Os profesores/monitores deben ser persoas expertas no sector de construcción para que o ensino sexa realmente válido e útil.

A FLC incluirá na cartilla profesional os cursos que cada traballador teña acreditados.

4. Órgano específico.

Creación dun órgano específico de carácter paritario dentro da FLC, segundo o previsto no artigo 35.4º, parágrafo 2, da Lei de prevención de riscos laborais, para todas aquelas empresas onde non existan delegados de prevención.

5. A FLC e os seus servicios de prevención.

A FLC prestará servicios de asesoría en tódalas actividades de servicios de prevención cando lle sexan solicitados polas empresas.

Os consellos territoriais poderán contactar coa autoridade laboral no seu ámbito para que lles facilite o acceso ó censo de entidades acreditadas como servicios de prevención, como unha garantía máis para o desenvolvemento eficaz das súas actuacións.

6. Fundación adscrita á comisión nacional de seguridade e saúde no traballo.

De acordo co previsto na disposición adicional 5ª da Lei de prevención de riscos laborais, a FLC desenvolverá, dentro do ámbito de actuación, os obxectivos e fins establecidos na dita disposición en coordinación coa fundación que para tal efecto se cree.

7. Actuacións para mellora-lo coñecemento do sector.

A FLC deberá realizar un estudio que permita un mellor coñecemento das empresas do sector en canto á súa estructura e capacidade de prevención en seguridade e saúde laboral para aborda-las distintas obras.

Así mesmo, deberá implantar un centro servidor de datos que subministre información o máis completa posible sobre tódolos temas relacionados coa prevención de riscos.

8. Maquinaria e equipos.

A FLC promoverá a utilización de maquinaria e equipos auxiliares de construcción homologados de acordo coa normativa comunitaria europea.

9. Colaboracións externas.

As partes consideran conveniente que, nas materias contidas neste anexo, a FLC complemente as

súas actuacións coa colaboración das mutuas de accidentes.

10. Interpretación do anexo.

Formando este anexo parte integrante do Convenio xeral de construcción, calquera discrepancia, dúbida ou interpretación que xurda en relación con este será sometida, con carácter ineludible, á comisión paritaria do convenio.

NivelCategoría

IIPersoal titulado superior
IIIPersoal titulado medio, xefe administrativo 1ª, xefe sección organización 1ª
IVEncargado xeral, xefe de persoal, axudante de obra, encargado xeral de fábrica
VEncargado xeral de obra, xefe administrativo de 2ª, delineante superior, xefe de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras
VIDelineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización de 1ª
VIICapataz, delineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio
VIIIOficial de 1ª de oficio, oficial administrativo de 1ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª
IXOficial de 2ª de oficio, oficial administrativo de 2ª, axudante topográfico, auxiliar de organización, vendedores e conserxes
XAuxiliar administrativo, especialistas de 1ª, auxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, axudante de oficio
XIPeón especializado, especialista de 2ª
XIIPeón ordinario, limpador/a
XIIIPinche e/ou aprendiz 16 e 17 anos e botóns

Anexo I

Táboa de salarios 2001

NivelSalarioComplemento extrasalarialTotalHora extra

14 pagas iguaisDíaMesAnualSen complementos

PesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

II177.3391.065,835713,4311.42068,642.608.36615.676,602.47414,87

III-IV138.863834,585713,4311.42068,642.069.70212.439,161.93711,64

V129.597778,895713,4311.42068,641.939.97811.659,501.80810,87

VI125.690755,415713,4311.42068,641.885.28011.330,761.75410,54

VII125.246752,745713,4311.42068,641.879.06411.293,401.74710,50

VIII124.971751,095713,4311.42068,641.875.21411.270,261.74410,48

IX122.867738,455713,4311.42068,641.845.75811.093,231.71410,30

X120.506724,265713,4311.42068,641.812.70410.894,571.68110,10

XI-XII119.223716,545713,4311.42068,641.794.74210.786,621.66310,00

XIII81.400489,223892,347.78046,761.225.1807.363,48

Anexo II

Antigüidade consolidada ata a data 21-11-1996

Nivel2 anos3 anos4 anos5 anosSumar cada

ano máis

II2.5843.8765.1686.2021.034

III-IV1.9912.9873.9824.778796

V1.8492.7743.6984.438740

Nivel2 anos3 anos4 anos5 anosSumar cada

ano máis

VI1.7892.6843.5784.294716

VII1.7822.6733.5644.277713

VIII1.7782.6673.5564.267711

IX1.7452.6183.4904.188698

X1.7092.5643.4184.102684

XI-XII1.6892.5343.3784.054676

ANEXO IV

Modelo de recibo de liquidación da relación laboral

Nº...

Recibo liquidación:

D Que traballou na empresa

Desde... ata

Coa categoría de

Declaro que recibín desta empresa a cantidade

Pesetas en concepto de liquidación total pola miña baixa na dita empresa.

Quedando así indemnizado e liquidado, por tódolos conceptos que puidesen derivarse da relación laboral que unía as partes e que queda extinguida, manifestando expresamente que nada máis teño que reclamar.

En..., ..., de... de...

O traballador (1)... usa do seu dereito a que estea presente na firma un representante legal da súa empresa.

Este documento ten unha validez de 15 días naturais contados desde a data da súa expedición por...

Data de expedición.

Selo e sinatura.

Este recibo non terá validez sen o selo e sinatura da organización empresarial correspondente ou se formaliza en fotocopia ou noutro medio de reproducción.

(1) Indique si ou non segundo a decisión que, ó respecto, adopte o traballador.