1. Obxecto do contrato: a execución das obras de saneamento e auga en Cea e A Aldea de Arriba.
2. Prazo do contrato: 4 meses.
3. Prezo do contrato: 31.399.097 pesetas.
4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 627.982 pesetas.
O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.
5. Proposicións: as proposicións presentaranse o Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou Diario Oficial de Galicia.
Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.
As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e a documentación previstas na cláusula XI do prego.
Vilagarcía de Arousa, 2 de agosto de 2001.
Joaquín J. Gago López
Alcalde