Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle na U.E. IV-09 Ramón Nieto, 3 (expediente 5653/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de maio de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestimar, polas razóns expostas nos antecedentes do presente acordo, as alegacións presentadas no período de información ó público do expediente por parte de José Antonio Diz Vega, María A. Leboreiro Amaro, Ricardo Álvarez Olego, Manuel García Rodríguez e Antonio Estévez Joga, excepción feita da relativa á consideración como de cesión de uso público de superficie unicamente dos espacios de recados das parcelas B, C e D, lindantes coa zona verde de cesión obrigatoria en pleno dominio a esta Administración municipal, que se estima, se ben coa precisión de que a conservación de tales superficies corresponderá á entidade de conservación que para o mantemento das zonas verdes e libres do ámbito haberá de constituírse, conforme ó apartado 3.2.3.5.b), in fine, das normas urbanísticas do PXOU de Vigo, así como da alegación referente á posibilidade de ocupación baixo rasante do 100% das parcelas de resultado que se estima logo de xustificación do cumprimento da normativa sobre

accesibilidade.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución IV-09 Ramón Nieto 3, (expte. 5653/411) situada entre a rúa Ramón Nieto e a travesía da Pardavila, promovido pola comisión xestora -actualmente constituída en xunta de compensación-, do devandito polígono, conforme o proxecto técnico redactado pola arquitecta María A. Leboreiro Amaro, e visado polo COAG con datas 22 de marzo de 2001 e 4 de abril de 2001 (plano nº 6), coa precisión de que a parcelación e adxudicación de edificabilidades que figuran no estudio de detalle ós distintos propietarios ten carácter meramente indicativo, pendente de concreción no correspondente proxecto de compensación.

Terceiro.-Procédese á publicación do presente acordo no DOG e no BOP, así como á súa notificación individual, tanto ós propietarios afectados como os lindantes dos inmobles sinalados cos números 133-139 da rúa Ramón Nieto, 23 e 27 da travesía da Pardavila 9ª e 3 da rúa Pardavila.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Asimesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada a mesma, non se puidese practicar.

Vigo, 11 de xuño de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo