Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO de licitación.

Aprobados os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán o contrato de asistencia técnica para realización de diversas actuacións en materia de xestión catastral do Concello de Palas de Rei. Expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de conducións, a licitación, se ben esta se apraza no suposto de producírense reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución pola corporación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Palas de Rei.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: asistencia técnica para levar a cabo actuación en materia de xestión catastral.

b) Lugar de execución: Palas de Rei.

c) Prazo de execución: 2 anos, prorrogables por períodos anuais mentres non sexa denunciado por calquera das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: non se esixe.

6. Obtención de información: Concello de Palas de Rei. Avda. Compostela, nº 28. Teléfono 982 38 00 01. Fax: 982 37 40 15.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar que a actividade ten relación directa co obxecto do contrato (artigo 197 TRLCAP 2/2000).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da derradeira publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas:

-Sobre A: comprenderá todos e cada un dos documentos que se sinalan no prego de condicións (Documentación administrativa).

-Sobre B: comprenderá a oferta económica, segundo o modelo que se establece nos pregos.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Palas de Rei, avda. Compostela, nº 28. CP 27200 Palas de Rei, Lugo.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

9. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Palas de Rei o quinto día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

Palas de Rei, 14 de xuño de 2001.

O alcalde

Rubricado