Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de material informático e audiovisual con destino ás aulas de formación da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 01/5663 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de material informático e audiovisual con destino ás aulas de formación da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega e instalación:

-Lote 1: aulas de formación no Pazo de Mariñán.

-Lote 2: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: 15 días.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 7.500.000 pesetas (45.075,91 euros) desagregado en dous lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación; Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña; teléfono: 981 18 33 00.

Data límite das proposicións: ata as 13 horas dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 1 de agosto de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial

da Coruña