Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso, con procedemento aberto, para a adquisición de xogos infantís para os parques públicos de Culleredo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: adquisición de xogos infantís para os parques públicos de Culleredo.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 21.107.302 pesetas (126.857,44 euros).

7. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello nº 12-Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

d) Fax: 981 67 76 46.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de ofertas.

9. Presentación de ofertas: quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo. Rexistro xeral.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo, trasladarase ó xoves hábil seguinte.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello nº 12 Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 24 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución do 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Contratación