Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia unha contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicios para o deseño, montaxe e organización dos stands institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia en diversos certames feirais que van ter lugar durante o ano 2002.

División por lotes e número:

-Lote nº 1: Fish International (Bremen, Alemaña, 14 ó 17 de febreiro).

-Lote nº 2: Alimentaria (Barcelona, 4 ó 8 de marzo).

-Lote nº 3: European Seafood Exposition (Bruselas, Bélxica, 23 ó 25 de abril).

Prazo de execución: na súa totalidade estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do último certame; respecto de cada lote, estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do correspondente contrato e ata os dous (2) días seguintes ó da finalización do correspondente certame (ver datas de realización no punto anterior).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento corenta e catro millóns seiscentas sesenta e seis mil oitocentas oitenta e cinco pesetas (144.666.885 pesetas) (869.465,49 euros) coa seguinte distribución:

-Lote nº 1:

Ano 2001: 17.500.000 pesetas (105.177,12 euros).

Ano 2002: 7.810.394 pesetas (46.941,41 euros).

Total: 25.310.394 pesetas (152.118,53 euros).

-Lote nº 2:

Ano 2001: 27.500.000 pesetas (165.278,33 euros).

Ano 2002: 12.056.491 pesetas (72.460,97 euros).

Total: 39.556.491 pesetas (237.739,30 euros).

-Lote nº 3:

Ano 2001: 55.000.000 de pesetas (330.556,66 euros).

Ano 2002: 24.800.000 pesetas (149.051,00 euros).

Total: 79.800.000 pesetas (479.607,66 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contratación de cada un dos lotes para os que se presente proposición.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 62 87), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida para presentar proposición para cada un dos lotes: grupo III, subgrupos 3 ou 8, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día 24 de setembro de 2001.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si, de xeito que os licitadores poderán presentar, alternativamente e de xeito separado, proposición para a adxudicación dun ou varios dos lotes.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día 27 de setembro de 2001.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2001.

P.O.

Miguel A. López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura