Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 107/2001).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, nº 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Val.

Situación: Mazaricos.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 693 m de lonxitude, coa orixe na liña Lucín-Pino de Val e final no C.T. do lugar de Val, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Val, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 49 m, que se conecta a rede existente, no termo municipal de Mazaricos.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 25 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña