Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001 pola que se emplazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 03/0007957/2001 interposto por Socorro Maciñeira Teijeiro.

Recibida da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 03/0007957/2001, interposto por Socorro Maciñeira Teijeiro contra o Decreto 93/2001, do 19 de abril (DOG nº 88, do 8 de maio), polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa dos bens necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora ambiental do borde fluvial da Ría de Ortigueira, tramo Santa Marta-Morouzos.

Esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción conten-

cioso-administrativa, notificarlles a tódalas persoas interesadas no procedemento e emprazalas para que poidan constituírse en parte nos autos da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local