Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de mobiliario clínico con destino ó Hospital Comarcal de Valdeorras-Ourense. (SCS.-49/2001). (4 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de mobiliario clínico con destino ó Hospital Comarcal de Valdeorras-Ourense. (4 lotes).

Orzamento: tres millóns novecentas sesenta mil cincocentas pesetas con IVE incluído. (3.960.500 pesetas, con IVE incluído). (23.803,08 euros).

Lote 1: mobiliario clínico para diversos servicios: 1.462.500 pesetas, 8.789,80 euros.

Lote 2: sistema mobilización doentes: 1.578.000 pesetas, 9.483,97 euros.

Lote 3: carros diversos servicios: 470.000 euros, 2.824,76 euros.

Lote 4: bañeira portátil: 450.000 pesetas, 2.704,55 euros.

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 30 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base más 2 variantes) proposición agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos do Sergas, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborais, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es / contratacion.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio da presente contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos