Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento electromédico con destino ó Hospital Comarcal de Valdeorras-Ourense. (SCS.-48/2001). (8 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento electromédico con destino ó Hospital Comarcal de Valdeorras-Ourense. (8 lotes).

Orzamento: sete millóns catrocentas dúas mil cincocentas pesetas con IVE incluído. (7.402.500 pesetas, con IVE incluído). (44.489,92 euros).

Lote 1: equip. electromédico diversos servicios: 762.500 pesetas, 4.582,72 euros.

Lote 2: fonte de luz fría: 600.000 pesetas, 3.606,07 euros.

Lote 3: equip. neonatoloxía: 1.700.000 pesetas, 10.217,21 euros.

Lote 4: electrocardiógrafo: 500.000 pesetas, 3.005,06 euros.

Lote 5: aspirador eléctrico con intermitencia: 340.000 pesetas, 2.043,44 euros.

Lote 6: guindastre de doente: 600.000 pesetas, 3.606,07 euros.

Lote 7: monitores: 1.300.000 pesetas, 7.813,16 euros.

Lote 8: respirador de transporte: 1.600.000 pesetas, 9.616,19 euros.

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 30 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base más 2 variantes) proposición agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de claúsulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos do Sergas, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborais, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es / contratacion.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Dia

rio Oficial de Galicia, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio da presente contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos