Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/283-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.A.T. desde sub. Lourizán a L.A.T. sub. Lourizán-sub. Sanxenxo.

Situación: Pontevedra e Poio.

Descricións técnicas: L.A.T. a 66 kV subterránea, de 3.220 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a subestación de Lourizán ata o apoio nº 1 da L.A.T. sub. Lourizán a sub. Sanxenxo, situada nos concellos de Pontevedra e Poio.

Enviadas as separatas correspondentes, de acordo co artigo 13 do Decreto 2617/1966, a tódolos organismos afectados, o Servicio Provincial de Costas en Pontevedra do Ministerio de Medio Ambiente aínda que non presenta ningunha obxección á separata do proxecto si considera imprescindible a concesión administrativa das partes do trazado que discorren pola zona de dominio público marítimo-terrestre, e así mesmo o Servicio de Conservación do Litoral da Consellería de Medio Ambiente, tamén considera necesaria a autorización da concesión para a realización das obras, por tratarse de zona de servidume de protección de dominio público marítimo-terrestre e tamén contar coa autorización da concesión do Servicio Provincial de Costas en Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización queda condicionada a que a empresa peticionaria obteña as autorizacións e con

cesións correspondentes do Servicio Provincial de Costas en Pontevedra e do Servicio de Conservación do Litoral.

O plazo de posta en marcha da instalación será de vintecatro meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 22 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra