Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 23 de xullo de 2001 aprobouse inicialmente o estudio de detalle de iniciativa particular, promovido por Alfonso Quintela Fernández, como administrador de Albe, C.B., referida a terreos da súa propiedade sitos en Remior, parroquia de San Cosme de Barreiros.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e formulación das alegacións que procedan.

Barreiros, 30 de xullo de 2001.

Manuel Díaz Sampedro

Alcalde