Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 20 de xuño de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 01/000429-1 e dúas máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a apertura e os pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que estime pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000429-1.

Denunciado: José Antonio Seoane Gómez.

DNI: 32441025.

Enderezo: Sta. Bárbara 1-2 D A Coruña.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000544-1.

Denunciado: Manuel Outeiral Pose.

DNI: 76493158B.

Enderezo: Ribeiriña-A Pobra do Caramiñal.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000586-1.

Denunciada: Mª José Lustres Miranda.

DNI: 52930866.

Enderezo: Churriana, 19 Ribeira.

A Coruña, 20 de xuño de 2001.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora