Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Gamoide. (Expediente 074-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, de 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, o Decreto 2617/1996, sobre autorización de instalacións eléctricas, Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, el artigo 25 da Ley 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Eurovento, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Gamoide.

Peticionario: Eurovento, S.L. Unipersonal, rúa Varsovia, 4º C, 5ª planta-Área Central. 15707 Santiago de Compostela.

Situación: Concello de Cervo, Foz e O Valadouro (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades U.T.M):

V(0.632.500,00;4.832.750,00).

V(0.632.500,00;4.832.000,00).

V(0.630.000,00;4.831.000,00).

V(0.630.000,00;4.828.500,00).

V(0.628.000,00;4.826.500,00).

V(0.627.000,00;4.826.500,00).

V(0.627.000,00;4.828.800,00).

V(0.630.523,00;4.833.500,00).

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 25.

-Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

-Potencia total instalada: 32,5 MW.

-Tipo de aeroxerador: Bazán-Bonus 1,3 MW.

-Producción neta anual estimada: 89.100 MWh/ano.

-Orzamento total: 4.078.873.541 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-25 aeroxeradores tipo Bazán-Bonus 1,3 MW de 1.300 kW de potencia nominal unitaria.

-25 centros de transformación de 1.600 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV do veciño parque eólico de Buio.

O que se fai público para coñecemento xeral, para que poida examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que se consideren oportunas a este, nesta Delegación Provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla 70 (27071-Lugo), no prazo de 30 de días, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Gamoide, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e concellos de Cervo, Foz e O Valadouro (Lugo), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Lugo, 30 de xullo de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo