Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.825

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2001, do tribunal que xulga as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000, pola que se fai pública a relación definitiva de aspirantes aprobados na fase de oposición.

En sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de xullo de 2001, o tribunal adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Finalizado o prazo establecido na base II.1.7 da orde de convocatoria, resultan exentos da realización do quinto exercicio os opositores que superaron o cuarto exercicio; obtendo a cualificación de apto.

Segundo.-Publica-la relación de opositores que superaron a fase de oposición, tanto polo sistema de promoción interna coma polo de acceso libre, por orde de puntuacións acadadas, de acordo co disposto na base V.2 da orde de convocatoria.

Nome e apelidosDNIPuntuación

Promoción interna:

Rodríguez Simal, Mª Soledad3531336161,6

Quenda libre:

Roel Alonso, Mª del Sagrario3607347988,92

Benhamou Gallego, Mª Nathalie3279067881,36

Villanueva Rodríguez, Ulpiano Leandro3328776181,3

Chacón Pichel, Almudena3282551179,98

Corgos López-Prado, Miguel3282228074,61

Calvo Otero, Mª del Mar3276657870,1

Brage Díaz, Mª de los Ángeles3266297269,17

Pérez Martínez José Antonio3331791067,09

Cuéllar Barbeito, Eugenia Mercedes3279166666,67

De conformidade co disposto na base VI.1 da orde de convocatoria, os aspirantes que superaron a fase de oposición deberán presentar, no prazo de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a documentación a que se refire a citada base da convocatoria (DOG nº 147, do 31 de xullo de 2000).

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Presidente do tribunal