Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001 pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos para investigadores non vinculados ás universidades galegas, convocado pola Orde do 11 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 25 de abril).

Por Orde do 11 de abril de 2001 (DOG do 25 de abril de 2001), convocáronse bolsas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos para investigadores non vinculados ás universidades galegas.

As solicitudes admitidas para participar neste concurso foron estudiadas pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e a Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de marzo de 2001 (DOG do 19 de marzo de 2001), que elaborou a correspondente proposta de resolución.

En consecuencia, atendendo a citada proposta, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos ás persoas que se relacionan no anexo a esta resolución e na contía que se especifica.

Segundo.-As subvencións de que se trata faranse efectivas mediante libramento único e directo ós beneficiarios, sempre que cumpran os requisitos establecidos no punto 6 das bases da convocatoria.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 11 de abril de 2001 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa públicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 11-4-2001, DOG do 25 de abril)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO

DNISOLICITANTEPAISCONCEDIDO

PTAS.

33283563xMª BELÉN SOUTO GARCÍADINAMARCA 100.000

36077902NIEVES CARRO MARIÑOIRLANDA100.000

36070915sMª ISABEL MEDINA MéNDEZESPAÑA 60.000

3486465ROBERTA OSCOLO NZOLETTIPRINC.MÓNACO100.000

33500516GJUAN FRAN-SABORIDO REYCUBA175.000

36070119RMERCEDESVÁZQUEZ BERTOMEOESPAÑA60.000

33276862WANA Mª SUAREZ PIÑEIROESPAÑA60.000

36085363LMARTA ÁLVAREZ RODRÍGUEZREINO UNIDO90.000

33215254WJOSÉ LLOVO TABOADAGRECIA100.000

51347308SJOSÉ LUIS GARRIDO VALENCIANORUEGA100.000

361226992LMª JOSÉ CHAPELA GARRIDOFRANCIA100.000

05232890EMIGUEL PLANAS OLIVERCOLOMBIA175.000

34887929BEVA BALSA CANTOPORTUGAL60.000

34893250LMª PAZ SAMPEDRO PASTORCUBA175.000

44279876CARMEN GUTIERRES MOLESPORTUGAL60.000

32660964Mª YOLANDA SAAVEDRA YÁÑEZESPAÑA60.000

33292981KRAFAEL ZAS ARREGUIESPAÑA60000

52138801ESTHER MERLO SÁNCHEZESPAÑA60.000

33311794CMª CARMEN ABUÍN PÉREZESPAÑA60000

35312166JOLGA AGUIN CASALPORTUGAL60.000

50837776WRAQUEL DÍAZ VÁZQUEZESPAÑA60.000