Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.796

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 30 de xullo de 2001 polo que se fai público o acordo de nomeamento de secretarías en réxime de provisión temporal de diversos órganos xudiciais de Galicia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Datas do 9 e 27 de xullo de 2001. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretario provisional temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza-A Coruña. Confírmase o acordo da sala do goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 6 de xullo de 2001, polo cal se nomean secretarios en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial, no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño), e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

-Provincia da Coruña.

* Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia, Ana Isabel Villar Fernández.

* Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, María Luisa Cobas Martínez.

-Provincia de Lugo.

* Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada, Denise Romero Barciela.

-Provincia de Pontevedra.

* Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un do Porriño, Alejandro Couselo Barrio.

* Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Tui, Benita María Gandará Valije.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo da xerencia territorial».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola sala de goberno, do 6 de xullo de 2001, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, solicítase que envíe a esta presidencia un exemplar, para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 30 de xullo de 2001.

Jesús Souto Prieto

Presidente do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia