Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 13 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade e concesión dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares ubicados na zona terrestre, na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1998, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de permiso de actividade e da concesión de ocupación de dominio público, do establecemento que se describe:

-Tipo: cetaria/centro de expedición.-Nome: Asunción Caamaño Martínez.-Actividade: estabulación e envasado de crustáceos.

-Especies: nécora (Macropipus puber), boi (Cancer pagurus), centola (Maja squinado), lagosta (Palinurus elephas), lumbrigante (Homarus gammarus).-Situación: Praia do Facho-Castrelo (A Coruña).-Ocupación dominio público: 87,17 m.-Solicitante: Asunción Caamaño Martínez. DNI/CIF: 76858613L.

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará ó dispor do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que considere oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: de 9 a 14 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2001.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños