Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., CC.TT. urbanización Pasatempos.
Situación: Betanzos
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV de 1.068 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T.S. de C.T. piscina a C.T. Telefónica, pasando polos CC.TT. prefabricados da urb. Pasatempos, nº 1, 2 e 3 e final na mesma liña. Ditos CC.TT. serán de 630 kVA. Concello de Betanzos.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 19 de xuño de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña