1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.
c) Número de expediente: 15/01SU.
2. Obxecto de contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de redes de datos con enlace a aula con destino ós centros de ensino primario dependentes desta consellería.
b) Lugar de entrega: as instalacións de cableado realizaranse nos centros educativos que, unha vez realizada a adxudicación deste contrato, determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
c) Prazo de execución: 75 días ou inferior segundo oferta.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 58.600.000 pesetas (352.193,09 euros).
5. Garantías.
Provisional: 2% do importe total de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Información:
a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.
6.2. Adquisición de pregos:
a) Teléfono: 981 58 54 55.
b) Domicilio: praza de Mazarelos, 14, baixo, 15703 Santiago de Compostela.
c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=678.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o día 21 de setembro de 2001, ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.
2ª Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: o día 28 de setembro de 2001, ás 11.20 horas.
9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria