De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 1 de agosto de 2001 (BOE do 22 de agosto), para a provisión da praza nº 2000/047 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade, a favor de Santiago Iglesias Baniela, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Santiago Iglesias Baniela, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade.
A Coruña, 2 de xullo de 2001.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña