Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 27 de xuño de 2001, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación de inicio do expediente sancionador 27015/01 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación de expediente 27.015/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertindo a sociedade interesada de que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido de este acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 27.015/01.

Inculpado: Alfredo Manuel Sousa López (Montemar).

Enderezo: r/ Bolaño Rivadeneira nº 19, Lugo.

Motivo: negativa a subministrar información e irregularidades venda.

Data do inicio: 12-6-2001.

Lugo, 27 de xuño de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo