Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a realización das obras de construcción dun novo edificio para sede dos xulgados do Porriño (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de construcción dun novo edificio para sede dos xulgados do Porriño (Pontevedra).

b) Lugar de execución: O Porriño (Pontevedra).

c) Prazo de execución: doce (12) meses contados desde a data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 132.700.000 pesetas, IVE incluído.

Ano 2001: 19.832.718 pesetas.

Ano 2002: 112.867.282 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados, para o seu exame, na Secretaría Xeral da Consellería de Xus

tiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

b) Igualmente, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas relativo a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion

As copias da documentación e o proxecto só se poderán recoller, mediante o aboamento do seu importe, en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51-baixo, Santiago de Compostela (15703); teléfono: 981 59 78 55.

c) Data límite para a obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, Edificio nº 5, 3º planta.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: observarase o disposto no punto 2.2.5.2, punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais; sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería e Xustiza,

Interior e Relacións Laborais