Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. praza de Pontevedra.
Situación: Pontecesures.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 240 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. deputación ata o C.T. que se proxecta na praza de Pontevedra, no concello de Pontecesures. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel
e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 15 de xuño de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra