Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.709

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de maio de 2001 pola que se aproban os modelos D650 e 650 do imposto sobre sucesións e doazóns.

Advertidos erros na Orde do 14 de maio de 2001 pola que se aproban os modelos D650 e 650 do imposto sobre sucesións e doazóns, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 139, do 18 de xullo, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 9.728, no punto primeiro a), onde di: «masa hereditario», debe dicir: «masa hereditaria». No punto primeiro b), onde di: «os artigos 89», debe dicir: «o artigo 89».

Na páxina 9.741, debaixo de «Adquisición mortis causa», engadir: «Declaración de bens». Onde di: «Modelo 650», debe dicir: «Modelo D650».

Na páxina 9.742, onde di: «Modelo 650», debe dicir: «Modelo D650». Debaixo de «Adquisición mortis causa», onde di: «Declaración ordinaria», debe dicir: «Declaración de bens». No epígrafe «Residencia habitual», onde di: «permaneza no seu territorio mais días...», debe dicir: «permaneza no seu territorio máis días...»; onde di: «Cuando non fose posible...», debe dicir: «Cando non fose posible...».

Na páxina 9.764, debaixo de «Instruccións», eliminar: «(validas para 2000)».