Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación da modificación do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 14.2 do PXOU-A Parda.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día nove de xullo de dous mil un, acordou prestar aprobación á modificación do proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 14.2 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-A Parda, formulado pola súa

xunta de compensación, denominada da U.A. nº 14.2 do PXOU-A Parda, excepto no concernente á eliminación dos servicios arredor da parcela de equipamento, dada a súa importancia para albergar futuras instalacións ó servicio comunitario, xa que condicionaría o seu desenvolvemento por etapas e suporía unha gran lonxitude nas acometidas. Os documentos en que se fundamenta esta modificación son o anexo á memoria e plano R-1 de replanteo e aliñacións e rasantes, e anexo e planso reformados nº 04-R, 06-R, 07-R e 15-R, documentación con visado da Delegación en Pontevedra do COAG do 16-2-2001 e 9-6-2000, respectivamente, subscrita polo arquitecto Carlos Valcárcel Pedreda. Esta documentación reforma e anula exclusivamente nas materias obxecto de modificación o proxecto redactado polos arquitectos José Vicente Rodríguez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 9-3-1999, que foi definitivamente aprobado pola Comisión de

Goberno en sesión do 20-12-1999 e que se mantén en todo aquilo non reformado.

No devandito acto administrativo declaráronse anuladas, polos motivos expostos, as determinacións destes documentos de modificación no que atinxe á eliminación dos servicios arredor da parcela de equipamento, de maneira que se manteñen en vigor as determinacións ó respecto do proxecto de urbanización con visado do 9-3-1999, dispoñéndose o seu sometemento a información pública con notificación persoal ós interesados, ofrecéndolle-lo réxime de recursos procedente, reiterando as condicións impostas no acordo de aprobación definitiva do proxecto de urbanización para a correcta execución da obra, e dispoñéndose que a Oficina Técnica Municipal de Arquitectura informe da súa correcta execución dentro dos prazos establecidos.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente deses

timado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedente consonte a dereito.

Pontevedra, 17 de xullo de 2001.

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da área de Urbanismo

e Medio Ambiente