Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración dun tractor-pa-rozadora e remolque.

b) Lugar de entrega: praza de Galicia nº 1. Monterroso.

c) Prazo de entrega: un mes desde a adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 9.100.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 182.000 pesetas.

Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Monterroso: praza de Galicia, 1. código postal 27560. Monterroso (Lugo). Teléfono: 982 37 70 01, fax: 982 37 76 17.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados na base 11ª do prego de condicións económico-administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado Proposición económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura na base 23ª do prego. Neste sobre incluirase, ademais, a documentación que se establece na cláusula 11.2º a) do prego.

Sobre B, subtitulado Documentos xerais, conterá a documentación a que se refire a cláusula 11.2ºb) do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Monterroso; praza de Galicia, nº 1. 27560-Monterroso (Lugo).

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, respectando, en todo caso, a configuración técnica que se establece no prego de prescricións técnicas.

d) Criterios de adxudicación: o baremo que se vai aplicar é o establecido na cláusula 13ª) do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da casa do concello de Monterroso, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen, así como os que se sinalan na base 16ª.

Monterroso, 27 de xullo de 2001.

Antonio E. Gato Soengas

Alcalde-presidente