Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Gondomar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 104/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proposta, subministración e instalación de parques infantís en seis parroquias en Gondomar.

b) Lugar de execución: parroquias de Peitieiros, Donas, Chaín, Vincios, Morgadáns e Couso.

c) Prazo de execución: un mes a partir da sinatura do contrato.

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: subministración máis instalación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 12.600.000 pesetas (IVE incluído) (75.727,53 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Gondomar.

b) domicilio: pza. Dr. Latino Salgueiro, 1.

c) Localidade e código postal: Gondomar 36380.

d) Teléfono: 986 36 01 25/986 36 02 50.

e) Telefax: 986 36 08 75.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: cando se cumpran 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio en calquera dos diarios oficiais (BOP e Diario Oficial de Galicia).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que figura no prego de cláusulas administrativas e técnicas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Gondomar (rexistro xeral).

2ª Domicilio: Dr. Latino Salgueiro.

3ª Localidade e código postal: Gondomar 36380.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses a partir da apertura das ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Gondomar.

b) Domicilio: Dr. Latino Salgueiro nº 1.

c) Localidade: Gondomar.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás sábados.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Gondomar, 26 de xullo de 2001.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde