De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o acordo de iniciación dictado en expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.
Noméase instructora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servicio de Interior e secretario a Manuel Jesús César Couso, posto base grupo A, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXAPC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contados desde o acordo, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993; e no suposto do vencemento do prazo sen se dictar resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.
A Coruña, 13 de xuño de 2001.
María Silva Costoya
Delegada provincial da Coruña
ANEXO
expediente
infrinxido sancionador
Número
Denunciado Enderezo Establecemento Precepto
Precepto
Multa máxima
DNI: 76361947
AC-EP 280/2001 José Antonio Leis Trillo
Sofán, Lira, Carnota Neiro 26 e) LO 1/1992 28 LO 1/1992 Ata 50.000 ptas.