Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Adofra II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito:
Primeiro.-Mediante escrito con data do 21-2-2001, Manuel Martínez Feijoo solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Adofra II.
Segundo.-Os informes do servicio de protección dos recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos:
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de José Manuel Iglesias Allo (35.430.792-M), Rita Cores Cores (35.448.472-K), Francisco Iglesias Allo (35.421.971), Dolores Iglesias Pardavila (35.417.727), Juan Luis Iglesias
Allo (35.453.824-Z), Ángela Mª Otero Blanco (35.461.014-M) e Faustino Iglesias Allo (35.461.161-Z),
da concesión que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Adofra II.
Situación:
Cuadrícula nº: 129.
Polígono: A.
Distrito: Cambados.
Especies autorizadas:
Mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 4-12-1963.
Remate vixencia: 16-12-2003.
Actuais titulares: Manuel Martínez Feijoo (32.534.783-H) e Francisca Paz Carro (35.387.252-G).
Novos titulares: José Manuel Iglesias Allo (35.430.792-M), Rita Cores Cores (35.448.472-K), Francisco Iglesias Allo (35.421.971), Dolores Iglesias Pardavila (35.417.727); Juan Luis Iglesias Allo (35.453.824-Z), Ángela Mª Otero Blanco (35.461.014-M) e Faustino Iglesias Allo (35.461.161-Z).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter entregado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 19 de marzo de 2001.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo