Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Rioboo. (Expediente 075-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública, por solicitude da empresa Eurovento S.L. Uni

personal, as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Rioboo.

Peticionario: Eurovento, S.L. Unipersonal. Rúa Varsovia, 4º C, 5ª planta-Área Central, 15707 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Viveiro, Xove e O Valadouro (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.623.000,00; 4.831.000,00), V(0.620.000,00; 4.831.000,00)

V(0.620.000,00; 4.828.800,00), V(0.619.500,00; 4.828.800,00)

V(0.619.500,00; 4.827.100,00), V(0.622.000,00; 4.827.100,00)

V(0.622.000,00; 4.828.800,00), V(0.623.000,00; 4.828.800,00).

Características técnicas do parque eólico:

-Número de aeroxeradores: 16.

-Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

-Potencia total instalada: 20,8 mW.

-Tipo de aeroxerador: Bazán-Bonus 1,3 mW.

-Producción neta anual estimada: 54.400 mWH/ano.

-Orzamento total: 2.579.220.191 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-16 aeroxeradores tipo Bazán-Bonus 1,3 mW de 1.300 kW de potencia nominal unitaria.

-16 centros de transformación de 1.600 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior da torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV do veciño parque eólico de Buio.

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que se consideren oportunas a este, nesta delegación provincial sita no Edificio Administrativo Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Rioboo, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e concellos de Viveiro, Xove e O Valadouro, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo,

o expediente xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Lugo, 24 de xullo de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo