Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de San Pedro-Vilar de Ulloa, no concello de Palas de Rei e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 29/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia as cales contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Finalidade: mellora-la calidade da subministración eléctrica.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea núa derivación a C.T. de Vilar de Ulloa, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Vilar de Ulloa e remate no C.T. de Vilar de Ulloa, cunha lonxitude de 0,475 km, conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 5 apoios HV-HVH.

2. Centro de transformación intemperie de San Pedro, situado en San Pedro, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Centro de transformación intemperie de Vilar de Ulloa, situado en Vilar de Ulloa, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/ 380-220 V.

4. Liña de baixa tensión aérea en San Pedro, con orixe no C.T. de San Pedro, cunha lonxitude de 1,290 km e 32 apoios de HV.

5. Liña de baixa tensión subterránea en San Pedro, con orixe no C.T. de San Pedro e cunha lonxitude de 0,16 km.

6. Liña de baixa tensión aérea en Vilar de Ulloa, con orixe no C.T. de Vilar de Ulloa, cunha lonxitude de 1,05 km e 16 apoios HV.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no que se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto e os seus anexos de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de nvoembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 15 de xuño de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 29/98 Provincia: Lugo

L.M.T-C.T.-R.B.T. San Pedro-Vilar de UlloaTermo municipal: Palas de Rey

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CCarregal VPradoManuel Roca Gabieiror/ José Valgoma Suárez, 5 3º A

24008 Ponferrada (León)

10,1220200