Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 06 de agosto de 2001 Páx. 10.646

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de xullo de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio.

O Decreto 69/2001, do 22 de marzo (DOG nº 68, do 5 de abril) modifica a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que foi fixada polo Decreto 48/1998, do 5 de febreiro.

Todo isto, así como a necesidade de adecua-lo cadro de persoal de determinados centros ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e da Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteseis de xullo de dous mil un, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da

súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

SA.C04.00.002.15770.024

SA.C04.00.002.15770.026

Inspector de Servicios Sociais

Inspector de Servicios Sociais

Postos de confianza e especial responsabilidade en atencións ás funcións inspectoras, así como ás de proposición de medidas cautelares sancionadoras.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteseis de xullo de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Persoal funcionario

Na RPT da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais publicada no DOG nº 56, do 23-3-1999, prodúcense as seguintes modificacións:

Modificacións:

* Na páxina 3.278, no centro de destino «DIRECCIÓN XERAL DE SERVICIOS SOCIAIS», o posto «SA.C04.00.000.15770.033.-XEFE DE SERVICIO PLANIFICACIÓN E COORDINACIÓN» pasa a depender da «S.X. DE PLANIFICACIÓN E ORDENACIÓN SOCIAL» co seguinte código e denominación: «SA.C04.00.003.15770.004.-XEFE DE SERVICIO DE PROGRAMACIÓN E COORDINACIÓN» e na columna «Corpo/escala» debe dicir «XERAL».

Creacións:

Persoal laboral

Modificacións:

* No DOG nº 40, do 28-2-2000, na páxina 2.577, no centro de destino «CTRO. A.E.E. SANTIAGO APOSTOLO (AS XUBIAS)», o posto «SA.C99.40.201.15001.006. TITULADO SUPERIOR MÉDICO», e na columna «Complemento de convenio» engádese «624.240».

* Na páxina 2.590, no centro de destino «RESIDENCIA-FOGAR 3ª IDADE (SANTIAGO DE COMPOSTELA)», o posto «SA.C99.40.301.15770.002. TITULADO SUPERIOR MÉDICO», na columna «Observacións» suprímese «20 HORAS SEMANAIS», e na columna «Complemento de convenio» debe figurar «624.240».

* Na páxina 2.610, no centro de destino «RESIDENCIA 3ª IDADE (O MEIXOEIRO-VIGO)», o posto «SA.C99.40.302.36560.004. TITULADO SUPERIOR MÉDICO», na columna «Observacións» suprímese «24 HORAS SEMANAIS», e na columna «Complemento de convenio» engádese «624.240».

* No DOG nº 70, do 10-4-2000, na páxina 4.940, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL (SERVICIOS SOCIAIS/VIGO)», o posto «SA.C99.10.000.36560.576. LIMPADOR/A», e na columna «Observacións» engádese «MEDIA XORNADA».

* No DOG nº 40, do 28-2-2000, nas páxinas 2.603 e 2.604, no centro de destino «RESIDENCIA 3ª IDADE (PONTEVEDRA)» créase o posto «SA.C99.40.302.36001.056. ATS/DUE» e modifícanse os códigos de tódolos postos quedando da seguinte forma: