O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 7 de xuño de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Informar favorablemente a consulta previa realizada por unha agrupación de propietarios relativa á posibilidade de presentación do Plan parcial de Fontes (Alcabre) por iniciativa particular, coas condicións que se establecen no informe técnico da oficina de Planeamento de data 28 de maio de 2001.
Segundo.-Dar traslado ó equipo redactor dunha copia dos informes técnicos que consten no expe
diente, para que sexan tidos en conta na documentación do plan parcial.
Terceiro.-Somete-la consulta presentada, en forma de avance de planeamento, ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno.
O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 15 de xuño de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia
Municipal de Urbanismo