Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de cánulas e sondas, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 18/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: subministración sucesiva de cánulas e sondas, estructurada en tres lotes:

Lote 1: sistema de succión e irrigación.

Lote 2: cánula de traqueotomía estándar con balón.

Lote 3:

-Sonda de aspiración bronquial de 4 mm CH-14.

-Sonda de aspiración bronquial de 5 mm CH-16.

Orzamento estimado: 27.750.000 pesetas (vintesete millóns setecentas cincuenta mil pesetas), IVE engadido; 166.780,86 euros (cento sesenta e seis mil setecentos oitenta euros con oitenta e seis céntimos).

Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (555.000 pesetas; 3.335,62 euros).

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (1.110.000 pesetas; 6.671,23 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: quince meses, desde o 1 de outubro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. Este contrato poderase prorrogar nos termos que prevé a cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: ata un 50% (nº de puntos).

2. Calidade dos materiais: ata un 40% (nº de puntos).

3. Servicio técnico da subministración: ata un 10% (nº de puntos).

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-lo os licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela