Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de obra de adaptación e reforma da residencia de Santiago de Compostela.

En cumprimento do establecido no artigo 93.2º do Real decreto 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acorda dar publicidade á adxudicación do contrato de obra nos seguintes termos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adaptación e reforma da residencia da 3ª idade de Santiago de Compostela.

b) Data publicación: Diario Oficial de Galicia nº 58 do día 22-3-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: vintetrés millóns setecentas noventa e oito mil cento dezaseis pesetas (23.798.116 pesetas, 143.030 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 8-6-2001.

b) Contratista: Diconsa.

c) Importe adxudicación: 22.013.257 pesetas (132.302 euros).

d) Prazo de execución: 90 días.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais