Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do acordo do 30 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Cotarel 2733.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, o acordo do 30 de abril de 2001, da Dirección Xeral

de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación nomeada Cotarel nº 2733, sita en terreos do termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra, promovido por Manuel Rodríguez Fernández.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 4,94 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 1 cuadrícula mineira, comprendidas entre os paralelos 42º 05' 40'', 42º 05' 20'' norte, e polos meridianos 8º 39' 20'', 8º 39' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Cotarel nº 2733, encontrándose a disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 21 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra