Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.603

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de xullo de 2001 pola que se clasifican e se crean postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta do Concello de Oroso (A Coruña), relativa á modificación da clasificación do posto de secretaría, actualmente de clase terceira, en secretaría de clase segunda, correspondente á subescala de secretaría, categoría de entrada, e a conseguinte creación e clasificación do posto de intervención, todos eles reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 e na disposición adicional primeira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la clasificación do posto de secretaría do Concello de Oroso, provincia da Coruña, quedando clasificado en clase segunda, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de secretaría, categoría de entrada.

Segundo.-Crea-lo posto de intervención do devandito concello, clasificándoo en clase segunda, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de intervención-tesourería.

Terceiro.-Desta modificación dos postos reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional darase conta ó Pleno do Concello de Oroso, procedéndose a efectua-las correspondentes modificacións do seu cadro de persoal e da relación de postos de traballo.

Cuarto.-De conformidade co establecido na disposición adicional primeira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, a clasificación do posto de secretaría que se realiza pola presente orde non afectará ó destino da funcionaria que o desempeña con carácter definitivo.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar, directamente, perante a Sala

do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública