Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.602

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 20 de xullo de 2001 pola que se modifica a dotación económica da do 5 de xuño de 2001 de fomento dos investimentos e da mellora da calidade na comercialización de productos silvícolas.

Téndose xerado crédito con fondos procedentes do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA), e realizándose a anotación contable nunha partida orzamentaria con distinta denominación, procede a modificación da orde publicada.

Por todo iso, ó abeiro do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Modifícase o primeiro parágrafo do artigo 7º da Orde do 5 de xuño de 2001 (Distribución do orzamento), pasando a te-la seguinte redacción:

O aboamento das axudas fixadas nesta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.731A.770.0, con 328.794.098 pesetas (1.976.092,327 euros) para o ano 2001, con 70.000.000 de pesetas (420.708,47 euros) para o ano 2002, e 60.000.000 de pesetas. (360.607,26 euros) para o ano 2003. Estas cantidades poderanse incrementar con fondos propios, estatais, ou con fondos comunitarios.

2. Esta modificación non afecta ó prazo previsto para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente