Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-405).

Por resolución da Alcaldía 3364/2001, con data do 22 de xuño de 2001, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do sector SUP 1-R Carballido, en Perillo.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última

publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 28 de xuño de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta