Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. Piñor-2.
Situación: O Carballiño.
Características técnicas: liña soterrada a 20 kV de 270 m, con orixe na L.M.T. soterrada ó C.T. Framia
e remata na L.M.T. sot. ó C.T. Cornubal logo de alimenta-lo C.T. proxectado con 400 kVA, 20.000/-
380-220 V no edificio da r/ Piñor esquina coa avda.
Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 18 de xuño de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense