Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.541

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2001 pola que se convoca un concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios.

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, resolvo convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I desta resolución, de acordo coas seguintes

Bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; e na Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais asinados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se teña definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, ascendentes

e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos e maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais asinados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou, de se tratar de profesións reguladas, da credencial de recoñecemento para o exercicio profesional.

c) No ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes con nacionalidade distinta á española, deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel mesmo se sinalan, os interesados deberán acreditar que son eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, por dereitos de exame e dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente nº 2091-300-44-3110000482 de Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela (impreso modelo 48/2, Outros ingresos), a cantidade de 4.000 pesetas en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. Non acredita-lo pagamento destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será causa de exclusión.

Quinta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá correspondente instancia, debidamente cuberta, segundo o modelo que figura no anexo II ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no BOE, achegando o xustificante do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten que reúne os requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á da fin do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar dúas fotocopias do documento que acredita a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo do parentesco e/ou o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o devandito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación ante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución dela.

b) tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes fixando o seu día, hora e lugar de realización.

Oitava.-No acto de presentación, os e as concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena.-Os candidatos e candidatas que se propoñan para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da Universidade, nos quince días hábiles seguintes ó de concluír a actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario, e non acharse inhabilitado para o exercicio da función pública.

c) Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, pero deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, que acredite a súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2001.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1848/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxías galega e portuguesa.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: lingua portuguesa en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1849/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia da arte.

Departamento ó que está adscrita: Historia da Arte.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: arte antiga e medieval en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1850/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia da arte.

Departamento ó que está adscrita: Historia da Arte.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: historia da arte moderna e contemporánea en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1851/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: lingüística xeral.

Departamento ó que está adscrita: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias propias da área en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1852/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química física.

Departamento ó que está adscrita: Química Física.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: química física en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1853/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencia política e da administración.

Departamento ó que está adscrita: Socioloxía e Ciencia Política e da Administración.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: políticas públicas en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza nº: 1854/2001.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: organización de empresas.

Departamento ó que está adscrita: Organización de Empresas e Comercialización.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: administración de empresas en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.