Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de vehículos e maquinaria para o servicio de vías e obras.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de vehículos e maquinaria para o servicio de Vías e Obras desta deputación, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 15 º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral de Deputación de Ourense.

A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

-Lote 1: un vehículo todo terreo para servicio do equipo de topografía, 4.650.000 pesetas.

Lote 2: unha furgoneta para servicio do laboratorio, 2.750.000 pesetas.

-Lote 3: catro camións lixeiros de sete prazas, 20.800.000 pesetas.

-Lote 4: tres vehículos todo terreo para o servicio de cooperación, 7.200.000 pesetas.

Lote 5: un tractor con rozadora, 14.500.000 pesetas.

Lote 6: catro furgonetas para servicio das rozadoras e relevos, 7.000.000 de pesetas.

Lote 7: unha mini cargadora con varredora, 7.500.000 pesetas.

Lote 8: unha cargadora de provisións, 10.000.000 de pesetas.

Ourense, 23 de xullo de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidenta da Deputación Provincial de Ourense