Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobados inicialmente pola Comisión Municipal de Gobierno, en sesión realizada con data 17 de xullo de 2001, os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán o concurso aberto para adxudicar mediante concesión a xestión indirecta do servicio de vertedoiro de residuos da construcción e entullos de demolición de nova xeración sito no lugar de Runs (TM Boiro), e en cumprimento do disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, sométese o expediente a información pública polo prazo de 8 días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP para os efectos de presentación de reclamacións.

Do mesmo xeito, a comisión municipal de Goberno, na devandita sesión do 17 de xullo de 2001, acordou inicia-lo expediente de licitación con tramitación urxente para a adxudicación da concesión do servicio de vertedoiro antes citada, coa salvidade disposta no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, de que no caso de que se formulen reclamacións contra a aprobación inicial dos devanditos pregos será aprazada a presente licitación.

O prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá esta contratación de xeito resumido establece o seguinte:

1. Entidade adxudicataria: a Comisión Municipal de Goberno no uso das atribucións conferidas pola alcaldía con data 12 de xullo de 1999.

2. Obxecto do contrato: a xestión e explotación do servicio de vertedoiro de residuos da construcción e entullos de demolicións de nova xeración sito no lugar de Runs (TM Boiro).

3. Tramitación: expediente urxente, procedemento aberto, modalidade de concurso.

4. Prazo do contrato: catro (4) anos, prorrogable ata un máximo de dez (10) anos.

5. Canon da concesión: non se fixa, debendo ser proposto polos licitadores nas súas ofertas.

6. Garantía provisional: 250.000 pesetas (1.502,53 euros).

7. Garantía definitiva: 2.500.000 pesetas (15.025,30 euros).

8. Presentación de proposicións: no prazo de trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13 horas.

9. Apertura de proposicións: na casa do concello o quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincidira en sábado farase o seguinte día hábil.

10. Gastos do contrato: irán a cargo do adxudicatario.

11. Exame do expediente: na secretaría xeral do concello.

Boiro, 18 de xullo de 2001.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde-presidente