De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BO do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas mencionadas a seguir (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a iniciación do expediente nº 15-2310/2000 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-2310/2000.
Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.
Domicilio: r/ Alcalde Lens, nº 20, 15010 (A Coruña).
Motivos: negativa a satisface-las demandas do consumidor.
Data de iniciación: 25-5-2001.
A Coruña, 22 de xuño de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña