Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial liña de alta tensión a 220 kV subestación Pazos L.A.T. Atios/Mos, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xullo de 2001.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 12 de xullo de 2001, declara-lo proxecto liña de alta tensión a 220 kV subestación Pazos L.A.T. Atios/Mos, promovido pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia y nun dos xornais de maior audiencia na Comunidade Autónoma, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto liña de alta tensión a 220 kV subestación Pazos L.A.T. Atios/Mos, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xullo de 2001, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñerán do citado prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria e na Delegación Provincial de

Pontevedra, e para presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria