Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/146).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Udesa.

Domicilio social: r/ Madrid, 1 (As Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: L.M.T. e C.T. en Tarrío.

Situación: Touro.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 625 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. Figueiroa Millares e final no C.T.I. de Tarrío de 50 kVA. Concello de Touro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña